3 mar 2010

Resumo do relato "As sombras do faro" de Agustin Fernández Paz

Este relato foi moi interesante porque ía sobre un rapaz e unha rapaza que se namoran e fan excursións por toda a vila pero en concreto ata un misterioso faro onde suceden uns feitos moi interesantes, como sombras, cadáveres. E ó final descóbrese todo pero cando el xa é adulto.

DÚAS ROSAS MURCHAS: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


Este relato gustoume porque era emocionante. Eu quería saber en que acababa a rapaza, porque é de intriga e misterio. O tema trata sobre unha rapaza que fora vivir no verán a onda os seus avós e tiña moitos pesadelos.

"AS SOMBRAS DO FARO" de AGUSTIN FERNADEZ PAZ

Este relato gustoume porque era entretido e ademais trata de misterio e amor. Ó final todo se amaña e acábase descubrindo o misterio

As sombras do faro de Agustín Fernandez Paz


Este relato gustoume moito por que se trata de un rapaz chamado miguel
que lle gustaba unha rapaza chamada marta. E tamen por que miguel estaba intrigado o que habia no faro. Eu recomendolle os rapazes por que e moi entretenido por que trata de amor e misterio.

DÚAS ROSAS MURCHAS: AGUSTÍN FÉRNANDEZ PAZ


Este relato gustoume moito porque trata dunha rapaza que foi vivir con seus avós no verán, a unha aldea chamada Vilapedre. E tiña pesadelos co seu amigo Pablo que morrera afogado e ela estaba moi triste ó acordarse del.

23 feb 2010

ENTROIDO EN COBRES




Durante os días que se celebra o carnaval, de sábado a martes, as "Madamas" e "Galáns" percorren distintos lugares das parroquias de Santa Cristina e Santo Adrián, acompañados por un grupo de gaiteiros, e realizan a popular “Danza dos Cobres”
O máis rechamante deste entroido son os traxes e os sombreiros, adornados con fitas, abelorios, flores … cosidos e pegados artesanalmente, que resultan moi vistosos e que poden chegar a pesar ata sete quilos. Non se utilizan máscaras nin antifaces.

O ENTOIDO EN LAZA




En Laza o Entroido representa o ciclo ritual máis longo dos que se coñecen. Comeza o primeiro día do ano a partir das doce da noite.Este ritual e unha preparación física para a xente de Laza.
Antes dos días propios do Entroido en Laza e coincidindo en Venres, teñen lugar os folións: procesións nocturnas de xentes con fachóns de palla e emitindo todo tipo de ruídos, coma se dun acto de desembruxo se tratase . O peliqueiro é a figura principal deste Entroido. Non é un disfrace, senón unha máscara que representa o poder. Ninguén a pode tocar. É o rei indiscutible da festa e á vez, gardián de tódolos demais personaxes do Entroido.