23 feb 2010

O ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA


Festa declarada de Interese Turístico Nacional. O entroido de Xinzo é o máis longo de España. As Pantallas é o máis característico do carnaval de Xinzo de Limia, é o nome que reciben as peculiares máscaras. Este disfrace está formado por unha camisa e uns calzóns de cor branco. Tamén ten unha capa de cor vermella con cintas de cores e unha faixa arredor da cintura do mesmo ton, un cinto con axóuxeres e unha careta de cartón na que se debuxan distintos motivos animais ou celestes, que é o que lle dá o nome ó disfrazo. As Pantallas son as encargadas de que a xente se disfrace polo que perseguen a tódolos que se atreven a saír á rúa sen disfrazar. Levan na man vexigas de vaca secas e cheas de ar, que baten unhas con outras pra que saibamos que están aí. Cando se atopan a alguén sen disfrazar lévano ó bar máis próximo para obrigalo a pagar unha rolda de viño. As pantallas convértense eses días nas raíñas da festa e das rúas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario