
En Laza o Entroido representa o ciclo ritual máis longo dos que se coñecen. Comeza o primeiro día do ano a partir das doce da noite.Este ritual e unha preparación física para a xente de Laza.
Antes dos días propios do Entroido en Laza e coincidindo en Venres, teñen lugar os folións: procesións nocturnas de xentes con fachóns de palla e emitindo todo tipo de ruídos, coma se dun acto de desembruxo se tratase . O peliqueiro é a figura principal deste Entroido. Non é un disfrace, senón unha máscara que representa o poder. Ninguén a pode tocar. É o rei indiscutible da festa e á vez, gardián de tódolos demais personaxes do Entroido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario