23 feb 2010

ORIXE DO ENTROIDO EN GALICIA

O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman que os comezos desta festa se poden atopar na adoración a Baco ou Dionisos.

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; o termo "Introitum" (que significa "entrada á Coresma”) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario